2. Que a túa mirada gañe en fondura e detalle para que poidas ver máis claramente a túa propia viaxe con toda a humanidade como unha viaxe de paz, unidade e esperanza.
3. Que sexas consciente de todos os lugares polos que camiñas e vas camiñar no Novo Ano, e que coñezas, por experiencia, que belos son os pés do mensaxeiro que anuncia a boa noticia.
4. Que deas a benvida cun sorriso a todos os que estreitan a túa man: as mans estendidas forman redes de solidaridade que alegran e enriquecen coa súa presenza protectora.
5. Que sexa teu o regalo de todas as cosas creadas; que saibas gozar a todas as horas do día; e que te enfrontes, con valentía e entusiasmo, á responsabilidade de coidar a terra enteira.
6. Que o manancial da tenrura e a compaixón abrolle sen parar dentro de ti, noite e día, ata que poidas probar os gozos e as bágoas dos que camiñan xunto a ti, os teus irmáns.
7. Que espertes cada mañá sereno/a e con brío, coa acción de grazas nos teus beizos e no teu corazón, e que as túas palabras e os teus feitos, pequenos ou grandes, proclamen que todo é graza, que todo é don.
8. Que o teu espírito estea aberto e alerta para descubrir o querer de Deus en todo momento; e que a túa oración sexa encontro de vida, de sabedoría e de entendemento dos camiños de Deus para ti.
9. Que a túa vida este ano, cal lévedo evanxélico, se mesture sen medo coa masa e faga fermentar este mundo no que vivimos, para que sexa realmente novo e tenro.
10. E que a bendición do Deus que sae ao teu encontro, que é a túa rocha, o teu refuxio, a túa forza, o teu consolo e o teu apoio en todo momento, descenda sobre ti e te garde de todo mal.